Quen somos?

A Asociación Cultural Civitas Limicorum

A Civitas Limicorum é unha asociación cultural sen ánimo de lucro nada no 2001 en Xinzo de Limia, Ourense, ás beiras do Río Lethes e do Forum Limicorum.

O noso obxectivo principal é a difusión da chegada das lexións romanas ás terras límicas, acontecemento histórico que recreamos durante a celebración da Festa do Esquecemento, construindo un dos campamentos castrexo-romanos máis vistosos de Europa.

Na actualidade somos uns 500 asociados.

As nosas tarefas

A tarefa máis representativa da Civitas Limicorum é a de organizar de xeito anual a Festa do Esquecemento, pero non é a única.

Entre outras, solemos celebrar tamén de xeito anual os Premios Bispo Idacio, un concurso no que aproveitamos para destacar a figura de persoeiros relevantes para a Asociación.

Tamén organizamos o Samaín do Concello e conservamos un bo histórico de publicacións promovidas e editadas pola Asociación.

A Festa do Esquecemento

A Festa do Esquecemento é unha recreación histórica levada a cabo en Xinzo de Limia a penúltima fin de semana de agosto e ambientada no ano 137 a.C.

Celébrase de xeito anual dende o ano 2001 e nela participan máis de 500 persoas de xeito activo, a gran maioría delas veciñas da comarca da Limia.

Actualmente estamos a piques de acadar o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.

BELTAIN

Xefe dos límicos. Sabio e intelixente, protector dos poboados nativos e aliado da natureza.

GRAN LOITA FINAL

Logo de romper a lenda atravesando o Río Lethes, a loita final entre castrexos e romanos é a vida ou morte.

DÉCIMO XUÑO BRUTO

Décimo Xuño Bruto despois de cruzar o Río Lethes mentres chama un a un polos seus soldados.