A.C. Civitas Limicorum
A Festa do Esquecemento.
A Festa do Esquecemento é unha recreación histórica levada a cabo en Xinzo de Limia a penúltima fin de semana de agosto e ambientada no ano 137 a.C.
Celébrase de xeito anual dende o ano 2001 e nela participan máis de 500 persoas de xeito activo, a gran maioría delas veciñas da comarca da Limia.
Actualmente estamos a piques de acadar o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Logo de romper a lenda atravesando o Río Lethes, a loita final entre castrexos e romanos é a vida ou morte.
Dela resultan vencedoras as lexións romanas encabezadas por Décimo Xuño Bruto, que dende este momento é coroado como o Galaicus.