QUEN SOMOS?
A Civitas Limicorum é unha asociación cultural sen ánimo de lucro nada no 2001 en Xinzo de Limia, Ourense, ás beiras do Río Lethes e do Forum Limicorum.
O noso obxectivo principal é a difusión da chegada das lexións romanas ás terras límicas, acontecemento histórico que recreamos durante a celebración da Festa do Esquecemento, construindo un dos campamentos castrexo-romanos máis vistosos de Europa.
Na actualidade somos uns 500 asociados.
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC4980-1024x683.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC5292-1024x681.jpg)
FESTA DO ESQUECEMENTO
A Festa do Esquecemento é unha recreación histórica levada a cabo en Xinzo de Limia a penúltima fin de semana de agosto e ambientada no ano 137 a.C.
Celébrase de xeito anual dende o ano 2001 e nela participan máis de 500 persoas de xeito activo, a gran maioría delas veciñas da comarca da Limia.
Actualmente estamos a piques de acadar o recoñecemento como Festa de Interese Turístico de Galicia.
OUTRAS ACTIVIDADES
A tarefa máis representativa da Civitas Limicorum é a de organizar de xeito anual a Festa do Esquecemento, pero non é a única.
Entre outras, solemos celebrar tamén de xeito anual os Premios Bispo Idacio, un concurso no que aproveitamos para destacar a figura de persoeiros relevantes para a Asociación.
Tamén organizamos o Samaín do Concello e conservamos un bo histórico de publicacións promovidas e editadas pola Asociación.
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC5956-1024x681.jpg)
ÚLTIMAS NOVAS
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/OBRADOIRO-DE-COIRO-724x1024.png)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/11/DDD725CC-A827-47D3-B08A-3A21EDE5C28E-576x1024.jpg)
ALGUNHAS IMAXES
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC5292-1024x681.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC6033-1024x681.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC5069-1024x683.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC6256-1024x681.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC5956-1024x681.jpg)
![](https://civitaslimicorum.com/wp-content/uploads/2022/10/DSC4980-1024x683.jpg)
FORMA PARTE DA ASOCIACIÓN
COMPLETANDO O SEGUINTE FORMULARIO (COTA ANUAL 20€)