
Presentamos o primeiro obradoiro de coiro organizado pola Civitas Limicorum, que dará comezo o sábado 26 de novembro e terá unha duración aproximada de tres meses. Para apuntarte debes poñerte en contacto connosco a través das redes sociais, do correo electrónico ou do formulario de contacto na páxina web.
O obradoiro é gratuito para socios e terá un custo único de 40€ para as persoas alleas á Asociación.